jueves, 22 de diciembre de 2011

FEITO A MAN. OBRADOIRO DE ARTESANÍAS

ESTE XOVES DÍA 5 DE XANEIRO
Animádevos a aprender novas técnicas artesanais da man de Rapha, artesán do Brasil, nos últimos días de paso pola nosa cidade.
Aproveitade para crear e confeccionar vós mesmxs os Agasallos nestas datas

Así que se vos interesa contactade con nós ao mail ou por teléfono (650483352) para sabermos con canta xente contamos
Aforo limitado e totalmente de balde! (aínda que aceptaremos contribucións totalmente anónimas)
Animádevos!

jueves, 24 de noviembre de 2011

XORNADAS ANTICARCELARIAS. PRESXS EN DEMOCRACIA

En solidariedade coa campaña contra a tortura e os malos tratos en prisión*
26 e 27 de Novembro de 2011

Sábado
10:00-11:00: Benvida cun almorzo vegano e presentación das xornadas
11:00-12:30: Unha reflexión sobre a realidade das mulleres presas no Estado.
Intervén: Victoria E. Diéguez. Avogada
12:30-14:30: A represión dos movementos sociais: a propósito da liberación animal.
Interveñen: A. Rey (Asociación A Zalenvá) e Rapha V. (ex- recluso) 
14:30: Xantar vegano
16:30-18:00: A verdade sobre os Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE): cárceres para inmigrantes
Intervén: Belén Torrón. Asociación Médicos del Mundo
18:00-19:00: O cárcere dentro do cárcere: o réxime FIES
Intervén: Avogado da Asociación PreSOS
20:00: Petiscos veganos e actuación do cantautor Bitxo Bola

Domingo
11:00-12:30: Presentación da actual campaña contra a tortura e os malos tratos en prisión, levada a cabo por presxs de todo o Estado.
 Intervén: Gema, do grupo de apoio á campaña de Compostela 

12:30-14:00: Os Centros de Menores tamén son cárceres
Intervén: Fernando B. Do Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades (ESCULCA)
14:00: Xantar vegano
16:30-20:00: Intervencións e reflexións de nais de presxs
* A aportación dxs asistentes polos almorzos e xantares destinarase ó financiamento das diferentes accións de difusión que se están a levar a cabo en apoio á Campaña contra a tortura e os malos tratos na prisión

Local da Asociación A Zalenvá 
(Rúa dos Carrís, nº6. A Valenzá (Barbadás). Ourense)
ORGANIZA: Asociación Cultural A Zalenvá.
COLABORAN: Kolectivo Trapo Negro. Asociación Médicos del Mundo. Asociación PreSOS & EsCULcA. Centro Social  SemUmCam

jueves, 29 de septiembre de 2011

CUARTO TRIMESTRE

Estade atentxs porque da comezo o trimestre de actividades na asociación.
Animádevos, participade e difundide. 

sábado, 17 de septiembre de 2011

I VIDEO-FORUM

Aquí van as proxeccións que vimos durante as cinco sesións.

Esperamos que do seu visionado vos surxan novas inquietudes e que as compartades con nós.

1. ÉTICA ECOLÓXICA OU ECOLOXÍA ÉTICA: ¿ALIMENTACIÓN MORAL?
    Video 1
2. GLOBALIZACIÓN: LOCALIZACIÓN DO PODER
    Video 1
    Video 2
    Video 3
    Video 4
    Video 5
    Video 6
    Video 7
    Video 8
3. O ISLAM NO PUNTO DE MIRA: MÁIS ALÁ DO DISCURSO MEDIÁTICO
    Video 1
4. XENERANDO MIGRACIÓNS
    Video 1
    Video 2
    Video 3
    Video 4
    Video 5
5. LUME, A LACRA DA NOSA TERRA
    Video 1
    Video 2