lunes, 5 de noviembre de 2012

NOVEMBRO NEGRO: XORNADAS ANARQUISTAS ITINERANTES GALEGAS



Boas xente!
achegámovos a programación xeral das xornadas en adxunto
mais o programa específico que se vai levar a cabo en Ourense é o seguinte:

Este xoves 8 novembro ás 20'30hs: Ritalinizando a infancia. Abuso de estimulantes no tratamento do TDAH, por Lois (farmaceutico membro da Xuntanza Antiprohibicionista)

16 novembro ás 20hs: Centros de Menores, a cargo da Asamblea contra os centros de menores de Madrid

19 novembro ás 20hs:
As últimas décadas das loitas contra a prisión no Estado,
por Baldomero Lara, Virginia e José Solís

Despois de cada palestra haberá ceador vegano a prezos populares!
Será no CSO A Casa Negra, Avda. de Ponferrada nº 24


Animádevos!
Gracias e saúdos!

lunes, 17 de septiembre de 2012

Este mes de SETEMBRO...

MÉRCORES DÍA 19 DE SETEMBRO: Mercadiño solidario con cans e gatos 
Colabora: Govi fotógrafxs e Progape
Lugar: Avd. Celanova, á altura do centro de saúde
Horas: dende as 11 ata as 20 hs

VENRES DÍA 21 DE SETEMBRO: Xornada vegana
Lugar: Local da asociación
Hora: dende as 16 hs + CEADOR

LUNS DÍA 24 DE SETEMBRO: Primeira Reunión Grupo crianza
Lugar: Casa da xuventude da Valenzá
Hora: 11 e media

Contamos con vós!!
Apertas grandes

lunes, 3 de septiembre de 2012

INVENTARIO...SOCIALIZAMOS O MATERIAL DO LOCAL!!!

BOTÁDELLE UN OLLO! 
e se precisades algunha destas cousas, contactade connosco para pasar a recollelas!

COUSAS DISPOÑIBLES
COCIÑA
  • Estantería
  • 1 Fondue
  • 1 Raclette
  • Vaixela: platos, vasos, cubertería, fontes, potas, cunca (cerámicxa e plástico reutilizable) Recipientes de barro
  • Garrafas cristal
  • Manteles & Trapos
ESPAZO COMÚN
  • Sofá granate/ 3 plazas
  • Mesa rectangular madeira
  • 2 Mesas camilla pequena  
    Mesa cristal/pequena/cadrada

  • Mesa cadrada (bar)
  • +-8 cadeiras
  • Lámpada de pé
  • Carriño compra
  • Moble rodas baño + cubo fregona
  • 3 cubos
OFICINA
  • Ordenador sobremesa: monitor, torre, teclado
  • Impresora
  • 2 Mesas escritorio (para ordenador)
  • Mesa grande madeira
  • TV
  • Espello parede
  • Armario
  • Mesa branca plástico redonda

    Contacta con nós en...
    Email: con.senso10@gmail.com
    http://www.azalenva.blogspot.com.es/
    Teléfonos: 699 432 172//650 483 352

AZALENVÁ MÚDASE!!

 Levamos case dous anos argallando formas novas de lecer e agardamos que te animes a ser parte deste proxecto. Se ben estabamos a desenvolver a nosa actividade nun local propio, mudámonos! Co desexo de facer do público o noso terreo, a partir de outubro de 2012 darémoslle vidilla ao barrio en espazos comunitarios.

¿Que fixemos ata o de agora?

Obradoiros de xaponés,  lingua de signos, risoterapia, intelixencia emocional, xabóns caseiros, sexualidade e xénero; xornadas de saúde; encontros de mulleres e feminismos; xornadas sobre prisións; exposicións; coloquios; manualidades; cine-foro; mercadillo; cineclube; ioga; fotografía; horta; ximnasia pre e pos parto; grupo de consumo; participación na festa dos maios; I Misturarte; festas (feria de abril, Entroido, Ghana...) e como non, os nosos ben queridos ceadores veganos!

¿Que imos facer e onde? *

-Casa de xuventude da Valenzá:  
  • Grupo de crianza para nais/pais intrépid@s (A partir de setembro)
  • Obradoiro de técnicas dramáticas (Novembro) 
  • Ioga (Xoves de 20 a 21:30)

-A.VV. As Lamas:
  • Ceadores veganos os 3º venres do mes.


*Lugares, datas e horarios a confirmar

Graciñas a todas aquelas persoas que levan connosco dende o inicio, ás que se uniron polo camiño e ás que nos tiveron que deixar... 
Gracias @s soci@s, sen a vosa axuda non teriamos o local. 
A partir de agora as aportacións económicas pasan por fin a segundo plano, é dicir, que cada quen aporte ao seu antoxo. 
Gracias.

miércoles, 8 de agosto de 2012

DENDE A ZALENVÁ DENUNCIAMOS AS AGRESIÓNS SEXUAIS. MANIFESTAMOS O NOSO REXEITAMENTO ANTE A VIOLENCIA MACHISTA

A violencia machista continua presente cada día. Varios son os casos de mulleres agredidas no noso entorno. Hai tan so uns anos unha moza foi asasinada e hai uns días outra muller foi agredida sexualmente. Os casos de violación e asasinato a mulleres son comúns e o seu motivo non é outro que uns valores socioculturais machistas. Responden ao abuso de poder por parte dos homes nunha estrutura de desigualdade. Deixemos de ser cómplices!!

martes, 22 de mayo de 2012

OBRADOIRO DE XABÓNS

O Obradoiro de Xabóns deu inicio o pasado venres...
mais aínda estades a tempo de participar!!!!!!!!

DATAS:  tódolos VENRES 
  • maio (18 e 25) 
  •  xuño (1,8,15 e 22)
HORA: 19:00 - 21:00
LUGAR: local social da Zalenvá


CUSTOS: 10euros non socixs & 0 euros para socixs

TEMARIO: xabóns caseiros para a louza, roupa, corpo.... sólidos e líquidos; e algunha cousiña máis (limpiatudo, pasta de dentes...)

APERTAS