lunes, 17 de septiembre de 2012

Este mes de SETEMBRO...

MÉRCORES DÍA 19 DE SETEMBRO: Mercadiño solidario con cans e gatos 
Colabora: Govi fotógrafxs e Progape
Lugar: Avd. Celanova, á altura do centro de saúde
Horas: dende as 11 ata as 20 hs

VENRES DÍA 21 DE SETEMBRO: Xornada vegana
Lugar: Local da asociación
Hora: dende as 16 hs + CEADOR

LUNS DÍA 24 DE SETEMBRO: Primeira Reunión Grupo crianza
Lugar: Casa da xuventude da Valenzá
Hora: 11 e media

Contamos con vós!!
Apertas grandes

lunes, 3 de septiembre de 2012

INVENTARIO...SOCIALIZAMOS O MATERIAL DO LOCAL!!!

BOTÁDELLE UN OLLO! 
e se precisades algunha destas cousas, contactade connosco para pasar a recollelas!

COUSAS DISPOÑIBLES
COCIÑA
  • Estantería
  • 1 Fondue
  • 1 Raclette
  • Vaixela: platos, vasos, cubertería, fontes, potas, cunca (cerámicxa e plástico reutilizable) Recipientes de barro
  • Garrafas cristal
  • Manteles & Trapos
ESPAZO COMÚN
  • Sofá granate/ 3 plazas
  • Mesa rectangular madeira
  • 2 Mesas camilla pequena  
    Mesa cristal/pequena/cadrada

  • Mesa cadrada (bar)
  • +-8 cadeiras
  • Lámpada de pé
  • Carriño compra
  • Moble rodas baño + cubo fregona
  • 3 cubos
OFICINA
  • Ordenador sobremesa: monitor, torre, teclado
  • Impresora
  • 2 Mesas escritorio (para ordenador)
  • Mesa grande madeira
  • TV
  • Espello parede
  • Armario
  • Mesa branca plástico redonda

    Contacta con nós en...
    Email: con.senso10@gmail.com
    http://www.azalenva.blogspot.com.es/
    Teléfonos: 699 432 172//650 483 352

AZALENVÁ MÚDASE!!

 Levamos case dous anos argallando formas novas de lecer e agardamos que te animes a ser parte deste proxecto. Se ben estabamos a desenvolver a nosa actividade nun local propio, mudámonos! Co desexo de facer do público o noso terreo, a partir de outubro de 2012 darémoslle vidilla ao barrio en espazos comunitarios.

¿Que fixemos ata o de agora?

Obradoiros de xaponés,  lingua de signos, risoterapia, intelixencia emocional, xabóns caseiros, sexualidade e xénero; xornadas de saúde; encontros de mulleres e feminismos; xornadas sobre prisións; exposicións; coloquios; manualidades; cine-foro; mercadillo; cineclube; ioga; fotografía; horta; ximnasia pre e pos parto; grupo de consumo; participación na festa dos maios; I Misturarte; festas (feria de abril, Entroido, Ghana...) e como non, os nosos ben queridos ceadores veganos!

¿Que imos facer e onde? *

-Casa de xuventude da Valenzá:  
  • Grupo de crianza para nais/pais intrépid@s (A partir de setembro)
  • Obradoiro de técnicas dramáticas (Novembro) 
  • Ioga (Xoves de 20 a 21:30)

-A.VV. As Lamas:
  • Ceadores veganos os 3º venres do mes.


*Lugares, datas e horarios a confirmar

Graciñas a todas aquelas persoas que levan connosco dende o inicio, ás que se uniron polo camiño e ás que nos tiveron que deixar... 
Gracias @s soci@s, sen a vosa axuda non teriamos o local. 
A partir de agora as aportacións económicas pasan por fin a segundo plano, é dicir, que cada quen aporte ao seu antoxo. 
Gracias.