miércoles, 8 de agosto de 2012

DENDE A ZALENVÁ DENUNCIAMOS AS AGRESIÓNS SEXUAIS. MANIFESTAMOS O NOSO REXEITAMENTO ANTE A VIOLENCIA MACHISTA

A violencia machista continua presente cada día. Varios son os casos de mulleres agredidas no noso entorno. Hai tan so uns anos unha moza foi asasinada e hai uns días outra muller foi agredida sexualmente. Os casos de violación e asasinato a mulleres son comúns e o seu motivo non é outro que uns valores socioculturais machistas. Responden ao abuso de poder por parte dos homes nunha estrutura de desigualdade. Deixemos de ser cómplices!!