lunes, 3 de septiembre de 2012

AZALENVÁ MÚDASE!!

 Levamos case dous anos argallando formas novas de lecer e agardamos que te animes a ser parte deste proxecto. Se ben estabamos a desenvolver a nosa actividade nun local propio, mudámonos! Co desexo de facer do público o noso terreo, a partir de outubro de 2012 darémoslle vidilla ao barrio en espazos comunitarios.

¿Que fixemos ata o de agora?

Obradoiros de xaponés,  lingua de signos, risoterapia, intelixencia emocional, xabóns caseiros, sexualidade e xénero; xornadas de saúde; encontros de mulleres e feminismos; xornadas sobre prisións; exposicións; coloquios; manualidades; cine-foro; mercadillo; cineclube; ioga; fotografía; horta; ximnasia pre e pos parto; grupo de consumo; participación na festa dos maios; I Misturarte; festas (feria de abril, Entroido, Ghana...) e como non, os nosos ben queridos ceadores veganos!

¿Que imos facer e onde? *

-Casa de xuventude da Valenzá:  
  • Grupo de crianza para nais/pais intrépid@s (A partir de setembro)
  • Obradoiro de técnicas dramáticas (Novembro) 
  • Ioga (Xoves de 20 a 21:30)

-A.VV. As Lamas:
  • Ceadores veganos os 3º venres do mes.


*Lugares, datas e horarios a confirmar

Graciñas a todas aquelas persoas que levan connosco dende o inicio, ás que se uniron polo camiño e ás que nos tiveron que deixar... 
Gracias @s soci@s, sen a vosa axuda non teriamos o local. 
A partir de agora as aportacións económicas pasan por fin a segundo plano, é dicir, que cada quen aporte ao seu antoxo. 
Gracias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario