miércoles, 13 de febrero de 2013

Este mes de Febreiro...


Dende a Zalenvá querémosvos convidar este ano ás
Xornadas "Centros de Menores:
Pechadxs en Deocracia II"
organizadas pola recén creada Asemblea de apoio @s menores

Terán lugar no Campus universitario de Ourense o vindeiro Xoves 21 e Venres 22, onde contaremos coa Asemblea contra os centros de menores de Madrid, coa abordaxe da medicalización da infancia por parte da Xuntanza Antiprohibicionista e con relatos contados en primeira persoa.
Ademais o sábado 23  na Casa da Xuventude teremos a oportunidade de conhecer ao colectivo Saltando Charcos de Burgos e o seu proxecto de rúa "La Otra Escuela", un grupo de mozxs que encontraron no hip-hop e no breakdance un medio para a expresión das súas inquedanzas e que actuarán no C.S.O Kasa Negra esa mesma noite ás 20hs.
Saltando Charcos configúrase como un proxecto solidario con menores, mocidade e as súas familias que por diferentes causas, xa sexan, económicas, políticas ou sociais encóntranse nunha situación de desventaxa social. Trátase dunha iniciativa que participa de forma activa na vida comunitaria do barrio. Para máis info: http://saltandocharcosburgos.blogspot.com.es/

Agardámosvos para descubrir, confrontar, cuestionar, repensar, discutir, transformar...
Non é preciso inscribirse, chega coa vosa asistencia curiosa e rebelde...
Gracias e saúdos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario