viernes, 5 de abril de 2013

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: "A crianza con apego é a nosa forma de cambiar o mundo"

O grupo de crianza VinculArte organiza a exposición titulada:  
A crianza con apego é a nosa forma de cambiar o mundo.

Esta exposición conta coa colaboración da fotógrafa Natalia G. Devesa e da Asociación Cultural A Zalenvá. Trátase de imaxes de familias nas que se transmiten valores como o respecto e a confianza, a lactancia, a importancia do contacto físico, o coleito … 

A exposición permanecerá dende o 27 de marzo ata o 30 de abril. Poderédela ver en distintos escaparates de comercios da Valenzá: La Cigüeña, Dolce Caruso, O Gato con Botas, Artlandia, Carussa, Calviño e Teresa Fontao. No mes de maio, a mostra partirá para varios comercios locais da cidade de Ourense.

VinculArte é un grupo que nace co obxectivo de crear un espazo de encontro e apoio ás familias, cun ambiente de confianza e comprensión, no que os participantes poidan compartir as súas inquedanzas, dudas e intereses sobre a crianza e a educación dos fillos. O espazo está aberto tamén a aquelas persoas que amosen interese e sensibilidade pola crianza respectuosa.

O grupo fai encontros quincenais os mércores na rúa do Ensino, no local social da asociación de veciños San Bernabé.

Entre as actividades que realizan están as seguintes: Préstamo de libros, tablón de troque ou compra-venda de artigos de segunda man, obradoiros infantís e encontros con profesionais.

Máis información no enderezo electrónico: vinculartegrupocrianza@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario